As semanas previas ao gran espectáculo de luz e cor España é un referente na iluminación artística e decorativa un gran espectáculo de luz que brilla con todo a súa arte decorativa en diferentes épocas do ano, pero sobre todo en Nadal. Galicia é un referente na decoración en festas patronais, entroidos e a máis máxica como tempada do Nadal. A arte de decorar espazos exteriores como edificios comerciais, rúas, avenidas, prazas, recintos de cidades e pobos son unha realidade que atrae ao público.
Desde o momento que os técnicos de montaxe de Electromiño comezan cos diferentes labores da instalación da iluminación decorativa semanas e mesmo meses antes, vai espertando no público o interese xa que é un avance do que moi pronto se van a atopar nos seus Pobos e Cidades sendo máis atractivas, máis belas que transmiten emocións, debuxan sorrisos e atraen ao público, turismo.
As nosas montaxes darán que falar pola súa calidade, profesionalidade cun bo servizo cumprindo todas as normativas vixentes de instalación e seguridade. As montaxes de iluminación é un medio previo aos acesos e inauguracións das luces creando grandes oportunidades para vendas dos comercios, hostalería. O público é atraído polos espazos atractivos, modernos cos novos deseños de iluminación artística por exemplo en nadal tanto as semanas previas ás festividades e mesmo a semana despois que enlazan coa época de rebaixas.
A iluminación non é un gasto é un investimento xa que as montaxes das grandes árbores de nadal transitables, como a bóla de nadal máis grande de España (O Bolón) no momento da súa instalación convértese nun espectáculo para os viandantes polo despregamento da loxística que utilizamos segundo sexa o tipo de elemento a instalar. Así como no momento da inauguración e os acesos diarios atrae a miles de persoas ás rúas, prazas onde se sitúan e os seus arredores revitalizando toda a contorna.
A empresa Electromiño pertencente ao Grupo Creacións Luminosas, na súa división de iluminación decorativa de nadal e para as montaxes das grandes figuras transitables como son as Árbores de Nadal xigantes, bólas do Nadal con sistema LED RGB programable e personalizado ou grandes caixas de agasallo que son grandes reclamos para atraer ao público e unha gran proposta para espazos urbanos, permiten gozar da iluminación baixa o brillo dos millóns de luces led en nadal, onde os usuarios pasean por rúas, avenidas coas súas compras do Nadal en localidades e cidades.
As grandes montaxes de figuras do Nadal transitables cumpren todas as normativas vixentes de seguridade, así como os protocolos que cada institución ou empresa solicite. Pero cada figura é un mundo diferente pola súa forma, a súa altura, o seu peso, xa que son grandes pezas que se van unindo como un quebracabezas e vanse ensamblando no lugar onde utilizamos segundo as dimensións e peso diferentes tipos de guindastres como son as auto guindastres compactas para grande cargas e alturas, plataformas articuladas, plataformas de tesoira, brazos telescópicos, plataformas sobre camións e camións guindastre auto cargantes.
Pero do mesmo xeito que en nadal é a época do ano onde as grandes estruturas de iluminacións artísticas e decorativas toman relevancia e compiten entre cidades e localidades, nos últimos anos adquire relevancia as estruturas de portadas de festas e feiras personalizadas con diferentes sistemas de iluminación como son a fusión da lámpada incandescente coa iluminación LED, así como os sistemas LED RGB con sistema sincronizado a modo de pantalla onde se pode consultar a programación, vídeo e todo aquilo que o cliente solicite.
O método de montaxes de Electromiño garante unha instalación sen problemas por parte dos nosos operarios especializados con todas as medidas de protección, usando arnés, así como todas as partes dos epis, equipo completo de protección persoal (calzado illante, protección de mans) sempre para protección do noso persoal garantindo a seguridade laboral que garanten unha montaxe de calidade e seguro.
Montaxe de caixa de agasallo de 5 metros con sistema de iluminación LED RGB na cidade de Lugo en nadal.
Fase de montaxe da bóla de nadal máis grande de España na capital da Rioxa, Logroño.
Montaxe da Árbore de Nadal en Vigo co sistema de portas transitable creado por Electromiño.
Montaxe de portada da Feira de Abril en Vigo na zona náutico con iluminación led personalizada.
Montaxe da iluminación do Nadal con sistema fotópico (metacrilato) para Ourense.
Fase da montaxe da gran estrela de nadal na árbore xigante transitable na cidade de Pontevedra.
Á parte de fabricar iluminacións decorativas ofrecémoslle un servizo de alta calidade que inclúe unha instalación profesional por parte do noso equipo de montaxe, así como o servizo de mantemento de toda a instalación. Os anos de experiencia e o traballo duro dos nosos traballadores ofrecémoslle desde Electromiño un servizo de mantemento de calidade, supervisión das instalacións para que estean en todo momento en perfectas condicións. Fiabilidade, rápida dispoñibilidade e seriedade son as pautas que marca o noso servizo de mantemento. O noso persoal supervisará a avaría nun prazo mínimo con todas as garantías, asegurando que a iluminación quede en perfecto estado de funcionamento.
Tras o termino das festas de barrios, pobos, cidades en entroido, feiras, eventos ou en nadal, o noso persoal encárgase do proceso de desmonte. Toda a iluminación volve ás instalacións que temos no sur de Galicia aos seus estantes personalizados previa revisión e reutilízase sempre que sexa posible, o noso compromiso cunha iluminación sostible e ecolóxica.
Venda, alugueiro e montaxe de iluminación artística e decorativa. Son & megafonía para rúas comerciais, prazas, recintos de festas. Alugueiro de grupos electrógenos (xeradores) desde 130 Kva a 723 Kva e instalacións de transporte de enerxía para eventos, concertos.
Os novos catálogos de loces de nadal 2022 - 2023 xa están dispoñibles. Se queres solicitar unha visita por parte de Electromiño só ten que chamarnos e un dos nosos comerciais poñerase en contacto con vostede. Grazas pola súa confianza.
6 guindastres cesta, 2 camións de repartición de material en cidade
6 guindastres cesta, 2 camións de repartición de material en cidade